Diario Visual
DÍA A DÍA
Día a día é un diario visual pensado especialmente para persoas con autismo ou dificultades de comunicación. Desenvolvida pola Fundación Orange e BJ Adaptacións, a aplicación permite traballar de forma fácil e intuitiva, dando moita relevancia aos elementos visuais e ofrecendo distintas opcións de personalización.

Día a día consta dun sinxelo calendario no que é posible:
- Gardar e revisar as actividades realizadas durante un día, dunha forma visual e estruturada, engadindo imaxes, fotos, vídeos…
- Anticipar actividades ou eventos recorrentes no tempo que xa foron realizados e que se anotaron no diario.
- Fomentar a comunicación, a través das actividades realizadas.
O diario é personalizable e pódese adecuar ás necesidades de cada un, por exemplo, categorizando as persoas da contorna ou os lugares máis frecuentes, ocultando vistas e elementos que non se utilicen, etc.