Escribimos con pictogramas Arasaac
É un procesador de textos que permite a escritura simultánea de texto e pictogramas, facilitando a elaboración de materiais de comunicación aumentativa e a adaptación de materiais curriculares accesibles para persoas que presentan dificultades no ámbito da comunicación funcional e da lingua oral e escrita. Facilita os procesos de lectura e escritura nos niveis iniciais.
Que a fai diferente a outras ferramentas?
Araword é unha ferramenta que compila a gran maioría de pictogramas para ser executados en Word, facilitando a tarefa de xerar frases, expresar historias ou crear axendas.
Cando se inicia Araword é hora de empezar a escribir e automaticamente aparece o pictograma coa palabra correspondente. Nos diferentes menús podemos escoller desde a imaxe ata o texto que a acompaña, igual o tamaño e cor.
Fánseme moi prácticas as funcións F3, F4 E F5 que nos levan á seguinte imaxe, a descompoñer a palabra, e a cambiar o nome respectivamente. Ademais en Ferramentas o submenú Preferencias xerais, dános moitas posibilidades de modificacións en tamaño e aspecto entre outras.

A dirección de descarga: https://sourceforge.net/projects/aras...
Os manuais: http://arasaac.org/software.php?id_so...
Titorial de como comezar a usalo: Blog Arasaac-Araword
Na pestana de retroacción tedes información e titoriais para a instalación, actualización ou manexo deste programa, elaborados pola comunidade de Arasaac.