Saltar navegación

ADAPRO

ADAPRO

ADAPRO.

Adapro é un procesador de texto gratuíto orientado a persoas con dificultades de aprendizaxe, dislexia ou outro tipo de diversidade funcional como autismo. A súa interface adaptada, transparente e configurable proporciona unha contorna que inspira a seguridade suficiente no usuario como para manter a súa atención.

É unha ferramenta portable,  pode executar desde soportes de almacenamento extraíbles como un pen drive.

Componse de:

  • Pictogramas
  • Representación en liña de palabras mediante símbolos gráficos. Ampla base de datos con máis de 10000 conceptos representables.
  • Teclados virtuais Simulación de teclas con frases predefinidas referidas ou non a un contexto visual. Inclúese unha aplicación auxiliar para a creación e edición de teclados.
  • Sarakanda . Tipografía especificamente deseñada para facilitar a lectura do texto.PBDQ. Coloreado específico de letras p, b, d e q para favorecer a súa distinción.
  • Modos de alto contraste Combinacións de cor de fondo e fonte alternativas ao clásico negro sobre branco.
  • Xestión de documentos amigable. O sistema de ficheiros é transparente ao usuario. Pódese asociar un pictograma ao documento. Vista rápida dispoñible para examinar o contido do documento antes de cargalo. Interface de edición configurable Pódense ocultar botóns segundo as necesidades do usuario.
  • Multi-usuario Espazos de traballo separados para cada usuario. Identificación a través de avatares.
  • Multi-plataforma

Podedes descargalo neste enlace: ADAPRO 2.1.0 versión zip

Enlace ao manual de usuario: Manual ADAPRO

Compatible con:  Microsoft Windows ou outros sistemas como Linux ou Mac