Semana do 24 ao 28 de febreiro de 2025
Venres, 28 de febreiro de 2025
Matemáticas: Prácticas co reloxo: Liveworksheets en Aula Virtual.
Galego: Noticia "Entroido no Magariños no Día das enfermidades raras". Recordade a importancia do Encabezado , a entrada, o nome do xormalista e lugar, a data, a escrita en terceira persoa ... No primeiro parágrafo escribide os datos máis importantes (respostando ás preguntas: quen, cando, onde, como ...), no segundo irán detalles e remataremos coa valoración dos asistentes a estes actos.
Castelán: Estudo das formas verbais do verbo saltar no modo indicativo e tamén das clases de palabras con tres exemplos de cada tipo.
C Sociais: Cartel co ODS que lle tocou a cada un. Pode preparar unha presentación ppt que o explique, un pequeno texto ou so a exposición oral de 1 min que nos fale da importancia dese Obxextivo de Desenvolvemento Sostible. Estudar. Practicade as comunidades autónomas e as provincias de España.
Pasádeo moi ben.
Xoves, 27 de febreiro de 2025
English: Activity Book, page 38, exercises 1 & 2. Pupil´s Book, page 43, exercise 4. Worksheet.
Proxecto competencial. Lédelle aos avós o voso escritos e preparade outro xogo.
Matemáticas: Seguide practicando co reloxo e o tempo cambiando da hora analóxica (reloxo de agullas ) a dixital. Tende coidado cando a agulla dos minutos toca os números, 7, 8, 9 ... Liveworksheets en Aula Virtual.
Galego: Noticia sobre a celebración do Día de Rosalía de Castro. Recordade que no primeiro parágrafo debedes aportar información importante sobre Rosalíoa de Castro e no segundo explicar como celebramos ese día no colexio. Na parte final resaltade a importancia de Rosalía de Castro. Acordádevos de poñer unha imaxe sobre a noticia. As noticias van redactadas en terceira persoa, porque vós sodes os xornalistas.
Castelán: Estudade o verbo saltar completo.
C Sociais: Estudade os sectores de produción e os tipos de empresa.
NOTA: Mañá traede a mesma cor de xersei e pantalón, para levar por debaixo do disfrace. Traede roupa gordiña porque actuaremos no Pazo Torrado e non podedes levar a cazadora. Podedes traer a clase filloas e orellas que logo compartiremos cos demais na merendola que haberá nos xardíns do Pazo Torrado.
Mércores, 26 de febreiro de 2025
Proxecto Competencial: Resumo de catro introducións de libros diferentes.
Matemáticas: Estudade as horas no reloxo analóxico (de agullas). Podedes practicar co que vos deixo en Aula Virtual Matemáticas.
Galego: Páxina 117. Facede un cómic (formato libre de viñetas e globos) sobre a historiade Suso e Robert. Recordade que os textos se escriben con maiúscula. Todos os debuxos han de estar perfilados. Podedes usar a plantilla cos tipos de plano quer vimos en Plástica e que tendes en Aula Virtual Plástica. Estudar a canción de Entroido.
English: Activity Book, page 37, exercises 3 Worksheet.
C Sociais: Páxina 77, exercicios do 7 ao 13. Buscade a información necesaria napáxina 75. Estudar que é unha empresa e os tipos de empresa. Para estudar, saberiades facer un esquema cos tipos de empresa e algún exemplo?
Martes, 25 de febreiro de 2025
Matemáticas: Estudade as horas no reloxo analóxico (de agullas). Podedes practicar co que vos deixo en Aula Virtual
Galego: Páxina 1145, exercicios de 1 ao 5. Estudar a canción de Entroido.
English: Activity Book, page 37, exercises 1 & 2. Worksheet.
C Sociais: Estudar os sectores de produción do Mapa mental. Sabedes poñelos nun esquema?
Luns, 24 de febreiro de 2025
Galego: Páxina 119, exercicios 1, 2 e 3.
Castelán: Páxina 118, exercicios do 4 ao 8. Podedes consultar o dicionario dixital da RAE.
Matemáticas: Ficha de repaso. Tendes o solucionario en Aula Virtual.
English: Worksheet. Activity Book, page 36, exercise 1.
NOTA: MAÑÁ LEVADE O MATERIAL DE INGLÉS que teredes sesión co profe Carlos para recuperar as da semana pasada (tal e como vos avisou o venres)