Semana do 8 ao 10 de xaneiro
Venres, 10 de xaneiro de 2025
Matemáticas: Facede os liveworksheets de fraccións que tendes en Aula Virtual Matemáticase enviádeos a rosafielpaz@yahoo.es. Practicade a división entre dúas cifras. O luns repetiremos a proba de matemáticas sobre as divisións.
C Sociais: O luns faremos a proba inicial sobre Comunidades Autónomas e provincias de España. Se queredes comprobar as que sabedes tedes a plantilla co mapa mudo de provincias e Comunidades en Aula Virtual C. Sociais. Tamén o tendes no arquivo adxunto.
C da Natureza: Canción dos ósos.
Xoves, 9 de xaneiro de 2025
Matemáticas. Páxina 90, exercicios 1 e 2
C Sociais: Lectura rápida do tema (apartados, pés de foto, subapartados. Responde: Que sei xa do tema? Que quero saber?
Castelán: Comprensión da lectura. Responde oralmente ás preguntas sobre a lectura que fixemos hoxe e asegúrate de que sabes as respostas e entendeches ben o que limos.
English: Activity Book, page 27, exercises 1 & 2.
Proxecto competencial: Cronograma do trimestre (en cartolina tamaño folio) indicando sesións de teoría e práctica.
NOTA: Podedes traer a clase un dos agasallos que tivestes neste Nadal para xogar e compartir despois do recreo. Procurade escoller o que consideredes máis educativo e vos permita xogar con outras nenas e nenos na clase.
Mércores, 8 de xaneiro de 2025
English: Activity Book, páxina 26, exercicio 1
Galego. En folio escrivimos "Normas que seguimos na horta". Escribimos polo menos 10 normas que temos en conta cando traballamos na horta. As normas estarán escritas en primeira persoa do plural. Estarán redactadas en positivos (Evitamos a palabra NON...)