Semana do 16 ao 20 de decembro
Moi Boas Festas, queridos raparigos e raparigas, queridas familias ...
Queridos nenos e nenas, nais e pais:
Este foi un trimestre cheo de traballo e emocións. Realizamos un montón de actividades non só en matemáticas, lingua, coñecemento… senón tamén sobre as emocións e os sentimentos: empatía, amizade, respecto… Traballamos de forma cooperativa e realizamos actividades moi divertidas: debuxos do corpo no patio, a radio, Misión Alba, as investigacións con Abalar, o súper, a horta, a biblio, os contacontos para os nenos de Down e para os pequenos do cole, as excursións ... Aprendemos que, traballando en equipo, é máis divertido e sinxelo que facelo cada un de forma individual, aínda que ás veces xurdan conflictos e problemas, xuntos podemos solucionalos. Cando o problema é difícil aprendemos a pedir axuda aos profes ou ás nais e pais.
Nestas vacacións de Nadal podemos poñer en practica todas esos sentimentos e emocións. Tamén debemos dedicarlle cada día (agás festivos e vísperas de festivo) un tempo pequeno, non máis de 30 minutos, a repasar e facer estas tarefas:
Matemáticas. Non tendes que usar o caderno. Traballade en papeis vellos, folios de reciclaxe ...:
- Quinzet. Pensade as operacións e estratexias que coñecedes para facer máis rápido o cálculo mental. Podedes comprobar logo se tendes o resultado correcto.
- División de dúas cifras, unha cada día, inventando que queredes repartir. Tamén podes facer algunha división en LIM.
- Cálculo rápido de divisións; os que tendes como reto chegar a 60 puntos.
Castelán.
- Lede un libro completo (o que queirades) en castelán e facede un resumen do libro nun folio. Logo faredes a exposición oral do mesmo.
- Verbo saltar. Aprendede un tempo verbal cada día (Páxina 228 do 3º trimestre).
Galego: Lede en voz alta uns minutos, coidando a entonación, un libro en lingua galega, o que queirades.
C Sociais: Aprender as comunidades e as provincias de España.
C da Natureza. Aprendede a canción dos ósos do corpo que tendes en Aula Virtual.
Proxecto Competencial: Facede a cama e poñede a mesa e recollede cada día. Podedes cubrir a ficha de comprobación que tendes nos anexos e en Aula Virtual P. Competencial.
Acordádevos de pasalo moi ben, xogar moitísimo cos vosos pais, nais, curmáns, amigos... encher de bicos e apertas aos avós, a todos os que vos queren e, sobre todo, disfrutade da familia.
Descansade moito para chegar cargadiños de enerxía. En xaneiro temos moito que aprender e descubrir.
Unha aperta moi forte e Felices Festas
Rosa Fiel Paz


Xoves, 19 de decembro de 2024.
Interdisciplinar. Valoración de Primeiro Trimestre. Escribe un texto, con formato libre ( carta, noticia, diario, artigo de opinión, blog ... ) en galego ou castelán no que nos contes que aprendiches neste trimestre (e que antes non sabías), que che resultou máis fácil ou máis difícil, que actividades divertidas ou interesantes fixemos ... Valora o que melloraches e o que te propós mellorar. Remata poñéndolle nota tamén á profesora.
English: Read unit 1 anda unit 2.
Nota: Mañá faremos unha festa saudable cos produtos que acosdaste. Tendes que traer un euro para a festa (agás os que xa o trouxeron hoxe). Tamén podedes traer algunha lambonada para a festa.
Martes, mércores e xoves:
Matemáticas: Seguide practicando o algoritmo da división entre dúas cifras LIM que tendes en Aula Virtual.
Linguas: Practicade a lectura en voz alta, de forma pausada e coidando a entonación.
Música: Estudade a letra da panxoliña.
Nota: O venres debedes traer un pantalón negro ou vaqueiro e unha sudadeira ou xersei vermello ou branco.
C da Natureza: Podedes ir aprendendo xa os ósos do corpo coa canción"O corpo".
Luns, 16 de decembro de 2024
Matemáticas. Volvede facer a ficha de repaso no caderno (tamén podedes descargala de Aula Virtual. Facédea sen mirar os resultados comprobando so ao ao final se ides facendo ben as actividades e si as entendedes.
English: Activity Book, page 69, exercises 1, 2 & 4