Semana do 7 ao 11 de abril
Venres, 11 de abril de 2025
Galego: Carta para Iria. Revisión e mellora: Recordade que debedes separar cada parágrafo cun renglón en branco de xeito que se marque ben a diferenza nos temas que tratades. Debedes pensar no que fixemos no trimestre, non so reproducir as catro ideas que dixeron os compañeiros e escribimos na pizarra a modo de exemplo, valorade o voso traballo, o que mellorastes e o que vos propoñedes mellorar; reflexionade sobre o funcionamento do voso equipo, pensade nas actividades nas que participamos; nalgunhas delas so participa a nosa clase!!! As cartas rematan cunha despedida e unha sinatura que vos identifique. Por suposto han de estar moi ben presentadas e sen faltas de ortografía.
Matemáticas: Ficha para calcular as áreas das figuras. Tamén podedes facer os retos que tivo cada equipo (fraccións, distancias, figuras planas eproblemas, SMD), a nivel individual para comprobar que vos saen ben. Seguide practicando un pouco coa división de dúas cifras, co cambio de moedas e o prezo das cousas, co reloxo e o paso do tempo e co cambio de un idades no SMD
C da Natureza: Falade e preguntadevos polos nutrientes dos alimentos que tendes cada día na mesa, asegurádevos de probar os diferentes alimentes e de incorporar na dieta todo tipo de nutrientes nas cantidades axeitadas tendo en conta a pirámide dos alimentos.
C Sociais. En calquera dos lugares do voso arredor comprobade se vos e as persoas que vos rodean fan o correcto para acadar os ODS: auga limpa e saneamento, fame cero, ecosistemas terrestres, ecosistemas mariños, acción polo clima, paz, xustiza ...
Música: Escoitade cando poidades a canción de Siyahamba en calquera das versións que vos deixo en Aula Virtual Música.
Nota: Pasádeo moi ben e gozade dun merecido descanso.
Xoves, 10 de abril de 2025
Matemáticas: Revosar e estudar as áreas dos polígonos.
Galego: Carta a Iria (lugar, data, saúdo ... ) coa Valoración do 2º trimestre (Debe incluir varios apartados: que aprendemos, que foi o máis divertido, que festas houbo, como funcionaron os equipos, que teño que mellorar, valaración da profesora e de Iria ...).
English. Activity Book, páxina 47, exercicos 1 e 2 (with the song). Axenda asinada coa nota de inglés.
NOTA: Podedes traer algo saudable para a festa de mañá (e algo de festa se queredes)
Mércores, 9 de abril de 2025
Matemáticas: Páxina 166, ler, enternder as áreas
Galego: Texto informativo sobre a horta con diversos apartados (separando ben os parágrafos: coidados, animais, plantas, ferramentas ...) Empezamos o texto cunha introdución e asegurámonos de escribir oracións completas co verbo.
Martes, 8 de abril de 2025
Castellano. Texto informativo sobre el cuidado de la salud (en folio). Tendrá por lo menos cuatro párrafos bien diferenciados: alimentación, hábitos saludables, prevención de accidentes y ecodependientes (salud del planeta).
Luns, 7 de abril de 2025
Matemáticas. Volvede facer a ficha, pensade ben en como se resolve cada exercicio e estudade os nomes de cada figura plana segundo os seus lados e ángulos. Estudade como calcular as áreas de cadrados, rectángulos e triángulos ...