Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4ºb
  3. Xeral
  4. Semana do 14 ao 18 de outubro

Semana do 14 ao 18 de outubro

Requisitos do completado

Venres,18 de outubro de 2024

Galego. Ditado das 100 palabras. O luns faremos a proba. (20 min)

C da Natureza. Lectura rápida do trma completo: imaxes, pés de foto, títulos e subtítulos. Nun folio escribir Que sei do tema? (responder escribindo so os títulos ou subtítulos (non o contido). QQue quero sabe? (Escribe aquilo que che gustaría aprender neste tema. Hai que levar o libro e a libreta de C da Natureza e deixar na casa o de C Sociais. (20 min)

Castelán: Cronolectura. Lectura completa do tema 2 e resposta oral das preguntas de comprensi´pn lectora. Farémolas por escrito na clase. (20 min)

Xoves, 17 de outubro de 2024

C Sociais. Paisaxe de aprendizaxe. (45 min)

English: Activity Book, page 9, exercises 1 & 2. Worksheet, grey part. (15 min).

Nota: Luns material de C da Natureza.

Mércores, 16 de outubro de 2024

Castelán: Practicade o ditado das 100 palabras. Mañá faremos a proba. Prestade especial atención aos acentos gráficos.

English. Pupils Book, page 30, exercise 4 (Notebook)

Galego. Páxina 30. Rematade o exercicio 4. Podedes consultar o dicionario RAG se non coñecedes algunha palabra. Completade a árbore xenealóxica da vosa familia. Deben estar as palabras do campo semántico de "parentesco" co nome da persoa da vosa familia que corresponda. Recordade que tendes que usar regra para unir os recadros e so cando está todo completo debuxades e pintades, moi suavemente a árbora, sen tapar as palabras.

C Sociais. Estudade o tema completo. Axudádevos dos esquemas, das preguntas do tema e das que hoxe decidistes na clase: as fáciles e as difíciles. Podedes consultar na Paisaxe de aprendizaxe en Aula Virtual C Sociais, cales sabedes xa e cales tendes que repetir aínda moito. Probade a facer tamén algún dos Liveworksheets do tema. Mirade os vídeos por se vos axudan a reter a información e a entendela mellor.

Martes, 15 de outubro de 2024

Galego. Páxina 28, exercicios do 1 ao 9

C. Sociais. Páxina 28, copia e estuda moi ben os recadros resumo do tema. Xa so quedan dous días para o exame. Procura, ler, entender, relacionar a información do tema (LER) e ademais de Ler, facer Esquemas e Escribir as respostas, has de Repetir as veces necesarias para non esquecer o importante.

Luns, 14 de outubro de 2024

Matemáticas. Autoavaliación no Liveworksheet. Tamén podedes imprimir calquera das dúas fichas de autoavaliación que vimos na clase e repetilas ata telas dominadas. Mañá faremos o exame.

C Sociais. Páxina 23, exercicios 1 e 2. Estudar. LERRRRR. Fixádevos ben nas diferenzas de termperatura e precipitacións en cada clima de Galicia. Podedes ver os vídeos da atmosfera, hidrosfera e xeosfera que están en Aula Virtual.

English. Activity: Page 7, exercise 1, 2 &3; pages 8, exercises 1, 2 & 3. Worksheet.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle