Diario de aula. 4ºB
25/10/24
Visita á biblioteca Luís Rei
Contacontos en 1º
Contos de medo
Tuti Fruti
Volvemos á nosa aula. Remataron as obras
24/10/24
Día das Bibliotecas escolares:
Están de obras no centro e ... tivemos que estar case toda a mañá na BIBLIOTECA. Foi un verdadeiro pracer e un privilexio estar nun lugar tan fermoso e rodeados de historias.
Ademais fixemos un xogo para buscar códigos segredos e atopar o tesouro e ... conseguímoslo!. TODOS!!
11/10/24,
Día da Nena
Hoxe, Dia da Nena, puidemos facer presentes ás nenas dun xeito moi especial. Amy bailou flamenco,

Enchemos o corredor con cores e caras.
... encol do tema deste ano "A arte e a figura humana".

Empregando a técnica do POP ART seguimos tendo presentes as caras cunha visión diferente. Tamén visibilizamos os escritos sobre o contacontos que houbo no cole sobre a igualdade e a xustiza para reflexionarmos xuntos.

Tamén os nenos foron protagonistas, Pablo e Lucas gravaron de novo o conto de "Onde viven os monstros" e puxéronlle un fondo de piano, para enviarlles aos nenos de Down Xuntos. Fixérono realmente ben!!!
Froitos de outono
Por incrible que pareza a nosa rapazada nos escoitara falar de croucras, de escrouchas ou esfollar o millo, de debullar os grans, dos carozos ... Canta hostoria nestas palabras... Quedarán do pasado ou seremos quen de revivilas?
Grazas ás espigas que trouxo Adela e aos froitos que trouxeron Ángel e Adriana puidemos situarnos no outono que nos rodea. Grazas.

10/10/24
Adela e Sara tocan para nós

Sara hoxe interpretou unha preciosa peza no piano e Adela sorprendeunos cunha preciosa melodía no seu violín. Que privilexio contar con estas artistas na aula e poder escoitalas en directo!!!
Moitas grazas, raparigas.
9/10/24
Contacontos para celebrar o Día da Nena
Hoxe tivemos un contacontos moi especial na Biblioteca. Cris de Caldas, agasallounos con moitos contos da súa avoa Carmela, que era quen de darlles unha volta e unha reviravolta para conseguir contos de igualdade ...NON! Contos de xustiza!!! Porque é de xustiza que as nenas poidan facer o mesmo que fan os nenos: xogar, rir, pasalo ben, estudar, preguntar, crear, imaxinar, falar, cantar e facer todo aquilo que desexan, aquilo que sexan quen de soñar.
O noso compañeiro Diego L foi un excelente axudante de mago!!!

8/10/24
Audiolibros para Down
Un neno fíxonos chegar unha petición moi especial. Quería que lle prestásemos o conto "Onde viven os monstros". Enviámoslle ese conto cun agasallo moi especial. Pablo e Lucas puxéronlle voz ás súas páxinas e así poderá escoitalo, lelo e gozar del tanto como nós. Grazas Pablo, grazas, Lucas.
4/10/2024
Contacontos
Os venres as nenas e nenos de 1º esperan con ansia que os nosos contacontos os visiten. Son moitas as historias que queremos compartir.
Iniciaron esta andaina Teo, Diego, Pablo ...
Visual Thinking ou Pensando en imaxes.
Aprendemos a contar historias usando imaxes moi sinxelas. Estas son algunhas delas:


25/9/2024
Delegados e subdelegados.
Xa completamos o proceso electoral e como resultas do mesmo, logo da presentación e defensa de candidaturas e do acto electoral os resultados sinalaron este resultado:
Delegado: Lucas
Subdelegado: Diego G.
Confiamos no seu bo facer.