Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4ºb
  3. Xeral
  4. Semana do 18 ao 22 de novembro

Semana do 18 ao 22 de novembro

Requisitos do completado

Venres, 22 de novembro de 2024

Galego: Practicade a exposición oral das fábulas. O luns empezaremos por orde de lista a escoita das mesmas. Texto escrito "A excursión a Coruña" (formato libre)

C Sociais: Páxinas 40 e 41. Exercicios 1, 2, 3, 4 5 6 e 9. Estudar todo o que xa temos traballado. Pronto faremos a proba.

Matemáticas. Hai que dominar a táboa de multiplicar. Practicade. O xoves faremos a proba.

Interdisciplinar. O luns sairemos á horta. Traede botas de goma ou calzado vello e guantes.

Interdisciplina

Xoves-, 21 de novembro de 2024

Galego: Actividades finais. Páxina 54, exercicios do 1 ao 5. No exercicio 3 facede directamente a ficha proposta.

English: Pupils Book, page,  23, study; page 24, exercise 2. Activity Book, page 20, exercises 1 & 2.

Mércores, 20 de novembro de 2024

Castelán: Páxina 54, exercicios do 1 ao 6. Estuda para o exame de mañá moi especialmente a acentuación das palabras e os demostrativos.

En medio folio inventa un anuncio de algo que  poidas ofrecer (axuda, ensinanza, apoio ...) ou vender, para logo colocar o anuncio no taboleiro da clase. Podes ver exemplos na páxina 53. O anuncio ha de ter unha imaxe do obxecto da venta moi ben pintado. Ha de ser chamativo e claro. Sorpréndenos.

English. Activity Book, page 19, exercise 2. Page 24, exercise 3

Martes, 19 de novembro de 2024

Interdisciplinar: Cóntalle aos teus achegados o que vichex, experimentaches e sentiches na excursión a Coruña.

Luns, 18 de novembro de 2024

Castelán. Páxina 48, exercicios 2, 3 e 4. (10 min)

English. Activity Book, page 19, exercise 1. Pupils Book, page 22, exercises 2, 3 & 4. (10 min)

Galego. Páxinas 42 e 43. Texto informativo sobre o polbo no caderno. O texto ha de recoller a información clave da lectura, organizada nos seguintes apartados: Características, Nutrición, Relación, Reprodución, Curiosidades. Cada apartado terá o título destacado cunha cor diferente á dos datos que se expoñen. (30 min)

C Sociais: Estudar "A predición do tempo e repasar os aspectos xa traballados: diferenza entre tempo e clina, elementos do clima, factores do clima ... (10 min).

Nota: Mañá é a excursión a Coruña. Recordade que debedes traer o xantar e merenda. Estade puntuais para subir ao autobús.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle