Semana do 2 ao 5 de decembro
Xoves, 5 de decembro de 2024
Matemáticas: Podedes seguir practicando o algoritmo da división coa actividade LIM do xenerador de operacións que tendes en Aula Virtual.
C da Natureza: Estudar todo o proceso dixestivo e cada un dos órganos e partes do tubo dixestivo. Estudar as definicións que tendes no caderno de cada proceso da Nutrición. Podedes ver os vídeos de "Erase una vez la vida" sobre a dixestión e o RAP da dixestión quer tendes en Aula Virtual.
Galego: Pasade a limpo os escritos. Rematade a escaleta do programa de radio e traede a música nun pincho USB. Entregade a enquisa sociolingüística para que a completen os vosos pais/nais. Podedes escoitar de novo os tres contos que nos enviaron os nenos e nenas de Down Pontevedra en Aula Virtual de Galego e tamén o audiolibro que lle enviamos nós.
Plástica: Rematade o cadro das emocións e o da Postal de Nadal
English: Study for Exam (It will be next Monday)
Proxecto Competencial: Recortar a cartolina en tiras verticais de 7 cm e marcar o punto en 4 cm. Tende en conta o código de cores acordado na clase.
Interdisciplinar: Podedes empezar a practicar a panxoliña que imos cantar no festival de Nadal. Téndes o audio en Aula Virtual Plástica e Música.
Mércores, 4 de decembro de 2024
Matemáticas: Páxina 74, exercicios 2 e 3, tal e como os fixemos no caderno coas comprobacións en cada operación ben expresadas. Podedes seguir practicando o algoritmo da división coa actividade LIM do xenerador de operacións que tendes en Aula Virtual.
C da Natureza. Copiar no caderno o esquema que vimos na clase da páxina 14 do Genially que tenden en Aula Virtual e estudar a páxina 15 co proceso dixestivo.
Páx 14
Páx 15
Martes, 3 de decembro de 2024. Día da Discapacidade.
Matemáticas: Problemas na libreta.
C da Natureza: Estudar o nome dos órganos da función de Nutrición con cada un dos aparatos. Ver os vídeos de Aula Virtual do aparato dixestivo e da dixestión.
English: Study.
Música: Practicar co carrillón.
Luns, 2 de decembro de 2024
Matemáticas. Páxinas 70 e 71, exercicios 2, 3, 4 e 5. (20 min)
English: Estudy for exam. (Wednesday) (20 min)
Galego: Texto: Persoa que admiro (10 min)
Castelán: Páxina 64, exercicios 2, 3 e 4 (10 min)
C da Natureza: Vídeos do aparato dixestivo en Aula Virtual
NOTA: Mañá debedes traer os exames asinados.

