Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4ºb
  3. Xeral
  4. Semana do 22 ao 25 de abril de 2025

Semana do 22 ao 25 de abril de 2025

Requisitos do completado

Xoves, 24 de abril de 2025

C da Natureza: Páxinas 92 e 93, exercicios do 1 ao 8. Rematade o esquema que fixemos na clase e completádeo cos debuxos que vos axuden a recordar e coas cores nos recadros relacionadas con cada parte. Estudar.


Mercores, 23 de abril de 2025. Día do libro

Matemáticas: Páxina 186, exercicio 2; páxina 187, exercicio 3.

C da Natureza: Páxina 90, ler e estudar que é a materia e as súas propiedades xerais (masa e volume) e específicas que xa vimos no curso pasado. Mañá faremos o esquema.

Casletán. Gozade da tarde lendo un pouquiño máis das marabillosas aventuras de Don Quijote de la Mancha. No seguinte enlace podedes descubrir o significado de cada palabra que usa Cervantes, pasando o rato por riba do número que acompaña á palabra:  

                                  


NOTA: Mañá aprenderemos a facer mandalas. Traede lápices de cores ou as ceras ben afiadas e rotuladores.

Martes, 22 de abril de 2025

C da Natureza: Facede unha lectura rápida (títulos, apartados, imaxes e pés de foto ...) do tema 5 completo e respondede ás preguntas: Que sei do tema? Que quero aprender?

Linguas: Lectura silenciosa e pausada de cada unha das lecturas das unidades 7. Logo, lectura en voz alta entonando de forma correcta.

Matemáticas: Lectura rápida do tema preguntándonos: Que sei xa deste tema? Que quero aprender?

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle