2. Como xestionar un curso
Section outline
-

Neste tema aprenderemos a modificar, configurar e xestionar integramente un curso.
A xestión dun curso de Moodle implica varios aspectos como o control de toda a actividade dos alumnos, a xestión das cualificacións, a creación e a xestión dos distintos grupos de alumnos no que podemos dividir o curso, así como tamén aspectos relacionados coa aparencia e as funcionalidades dispoñibles no propio curso.
Aprender a xestionar un curso de Moodle non se limita unicamente a saber crear contidos e/ou actividades, senón que implica tamén controlar todo o relacionado coa interacción entre profesores e alumnos así como aqueles outros elementos estéticos, funcionais, estruturais e organizativos que teñen unha importante influencia no desenvolvemento do curso.