Os agrupamentos son grupos de grupos, é dicir, conxuntos de grupos, polo que para poder crear un agrupamento o primeiro paso será que previamente xa existan grupos creados.

Para que serven os agrupamentos? 

Os agrupamentos permiten crear conxuntos de grupos, podendo asignar unha determinada actividade a ese agrupamento en concreto.

Como se crean os agrupamentos?

Cada agrupamento pode estar composto por un ou varios grupos. Para crear un agrupamento debemos dirixirnos ao seguinte menú:

Administración -> Administración do curso -> Usuarios -> Grupos -> Agrupamentos

  • En primeiro lugar prememos o botón Crear agrupamento.
  • Escribimos un nome para identificar a este novo agrupamento e, se o desexamos, tamén unha pequena descrición.
  • A continuación pulsamos sobre a icona [ Icona grupos ] para asignar os grupos que queiramos a este novo agrupamento.

Agrupamentos
Imaxe 2.6.1 Agrupamentos

Como funcionan?

Despois de crear os agrupamentos pódese facer uso deles en calquera actividade.

Para asociar unha determinada actividade a un agrupamento, editamos a configuración desa actividade se pulsamos sobre o despregable Configuración común do módulo para asignarlle un agrupamento.

Configuración común do módulo
Imaxe 2.6.2 Configuración común do módulo

Última modificación: luns, 28 de outubro de 2024, 5:00 PM