Exemplo Práctica 1. Matricula o alumnado no teu curso
Requisitos do completado
OLLO. En VILARMIDE, de facer esta práctica, faise na aula virtual do CENTRO e sobre o CURSO QUE TI CREACHES.
OLLO. As capturas de pantalla que se amosan son ORIENTATIVAS, NO coinciden coas de VILARMIDE
Pasos para realizar a tarefa (MOI IMPORTANTE: Debes ler con moita atención as seguintes instrucións, para non cometer ningún erro na matriculación):
- Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar neste espazo.
- Preme sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
- No bloque Administración preme no menú Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados.
- Preme sobre o botón Matricular usuarios.
- En vilarmide, matriculadevos entre vós como usuarios dos cursos das compañeiras
- Na nova ventá emerxente que aparece, asegúrate que no despregable Asignar roles está seleccionado o rol Alumno.