|
Moodle proporciona varios métodos para matricular alumnos/as no curso: matriculación manual, auto-matriculación, matriculación por círculos, matriculación como convidado, matriculación dende unha base de datos externa, matriculación dende un ficheiro de texto plano etc.
No presente curso centrámonos unicamente no tipo de matriculación manual.
O procedemento para matricular, usando o método de matrícula manual, será o seguinte:
- Situámonos dentro do curso correspondente, para que se active o menú de Administración do curso no bloque Administración.
- Seleccionar o menú Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados.
 |
| Imaxe 2.1.1 Usuarios matriculados |
- Na nova pantalla que aparece, pulsar o botón Matricular usuarios que se mostra na esquina superior dereita. No caso de que xa exista algún usuario matriculado no curso, este aparecerá no listado que mostra esta mesma xanela (imaxe 2.1.2).
- Aparece unha nova ventá emerxente onde debemos buscar o alumnado que queremos matricular e seleccionar Alumnos no despregable Asignar roles. Ademáis, premendo en Amosar máis... poderemos determinar cando comezará e/ou rematará a matrícula no curso de dito alumnado.
- Finalmente, premeremos o botón Matricular os usuarios e círculos seleccionados. Moodle considera como usuarios matriculados no curso a tódolos usuarios que participan no propio curso asumindo algún rol: alumno, profesor, convidado, xestor etc. Polo tanto, nun curso non só podemos matricular participantes con rol de alumno, senón que podemos matricular usuarios e usuarias que asuman calquera dos roles dispoñibles para ese curso.
 |
| Imaxe 2.1.2 Matricular usuarios |
|
Tipos de matriculación dispoñibles en Moodle
Na táboa seguinte móstranse os distintos tipos de matriculación que proporciona Moodle, aínda que non todos eles están dispoñibles ou activados en tódalas aulas virtuais.
Os tipos de matriculación que están activados por defecto no Moodle do proxecto Webs Dinámicas, aparecen identificados aquí co símbolo e, polo contrario, as opcións de matriculación que están desactivadas por defecto aparecen identificadas co símbolo .
A activación dun determinado plugin (engadido) de matriculación só pode ser configurado por un administrador da aula virtual. Un profesor sen permisos de administrador, pode decidir que tipo ou tipos de matriculación desexa para o seu curso de entre os que están activados na aula virtual.
| Tipo |
Activado |
Características |
| Matriculacións manuais |
 |
A persoa administradora ou docente do curso engade manualmente aos/ás usuarios/as |
| Acceso como convidado |
 |
Os/as usuarios/as poden ver os materiais do curso pero non poden participar |
| Automatriculación |
 |
Os/as usuarios/as poden auto-matricularse a si mesmos no curso |
|
|