Os bloques, situados nas columnas dereita e esquerda da pantalla dun curso de Moodle, aportan ferramentas de moita utilidade para o desenvolvemento do curso. Un uso adecuado e unha configuración correctas dos bloques permiten á profesora ou profesor personalizar en certa medida o aspecto xeral do propio curso.

Bloques de Moodle
Imaxe 2.7.1 Bloques de Moodle

Existen varios bloques con funcionalidades e ferramentas moi diversas. Algúns deles traballan de forma independente e outros están conectados entre si. Ao crear un curso aparecen uns determinados bloques por defecto.

Existen bloques fixos (non poden ser borrados) como por exemplo o bloque Navegación e o bloque Administración, pero o resto de bloques poden ser engadidos ou borrados polo/a profesor/a do curso.

Bloque en modo edición
Imaxe 2.7.2 Bloque en modo edición

Co modo edición activado é posible mover, modificar, borrar, ocultar e asignar permisos locais nun bloque usando os botóns que aparecen na esquina superior dereita do bloque (imaxe 2.7.2).

Se o modo edición continúa activado, podemos atopar no fondo dos bloques da esquerda un pequeno bloque especial que permite engadir novos bloques ao curso (imaxe 2.7.3).

Engadir un bloque
Imaxe 2.7.3 Engadir un bloque
Última modificación: xoves, 24 de outubro de 2024, 4:40 PM