Para que serve? 

O banco de preguntas utilízase para crear ou editar preguntas que se organizan en categorías para facilitar o seu emprego no curso. Estas preguntas poden incluírse en calquera cuestionario (ou proba) do propio curso. 

O/A profesor/a accede directamente ao banco de preguntas cando crea ou edita un cuestionario (unha proba) ou tamén dende o bloque Administración, no seguinte menú Administración do curso -> Banco da pregunta.

Dende esta ligazón do menú podemos editar as preguntas xa creadas, organizar as preguntas en categorías, importalas e exportalas.

Banco de preguntas
Imaxe 2.4.1 Banco de preguntas

Como se crea? 

Cando se pulsa sobre a ligazón do menú despréganse as seguintes opcións:

  • Preguntas
    Mostra o listado das preguntas creadas actualmente.
  • Categorías
    Permite ver as categorías creadas e crear novas categorías.
  • Importar
    Esta función permite importar preguntas nunha variedade de formatos mediante un ficheiro de datos. O ficheiro debe de usar a codificación UTF-8.
  • Exportar
    Esta función permite a exportación dunha categoría completa (e calquera subcategoría) de preguntas a un ficheiro. Dependendo do formato de ficheiro seleccionado, algúns datos de preguntas e certos tipos de preguntas pode ser que non se exporten.

Banco de preguntas
Imaxe 2.4.2 Banco de preguntas

Cada unha das preguntas do banco de preguntas inclúe a opción Editar. Ao premer nela amósase un despregable cas opcións: Editar a pregunta, Duplicado, Xestionar etiquetas, Vista previa, Eliminar e Exportar as Moodle XML a pregunta. As preguntas que están sendo usadas nalgunha actividade non poden ser eliminadas.

  • A icona Editar a pregunta permite editar a pregunta mediante o mesmo formulario usado para creala.
  • Cando se preme a icona Duplicado permite duplicar (con ou sen modificacións) a pregunta.
  • A opción Xestionar etiquetas permite configurar ou engadir unha etiqueta á pregunta co que a podamos identificar.
  • Cando se preme sobre a icona Vista previa ábrese unha nova xanela de previsualización que permite comprobar o funcionamento da pregunta.
  • A icona History amosa as diferentes versións da pregunta.
  • Se prememos sobre a icona Eliminar podemos eliminar esa pregunta, sempre e cando non estea sendo usada nalgunha das actividades do curso.
  • A opción Exportar as Moodle XML permite descargar no noso dispositvo un arquivo XML para incorporar noutras aulas virtuais ou, incluso, noutras plataformas compatibles.
Imaxe 2.4.3 Editar - Duplicar - Previsualizar - Eliminar

Podemos marcar unha ou varias preguntas e, nos botóns inferiores, eliminalas ou movelas a outra categoría, seleccionándoa no despregable.

Se pulsamos o botón Crear unha nova pregunta ábrese unha nova xanela na que deberemos seleccionar o tipo de pregunta que queremos crear.

Cando escollemos un determinado tipo de pregunta (coincidentes, emparellamento, numérica, verdadeiro ou falso...) abriranse os formularios correspondentes para a configuración dos distintos tipos de pregunta.

Imaxe 2.4.4 Escoller o tipo de pregunta

InformaciónTradución incorrecta no idioma galego

No paquete por defecto do idioma galego, esta funcionalidade aparece incorrectamente traducida como Banco da pregunta

A denominación orixinal desta funcionalidade é Question bank no idioma inglés (idioma orixinal). Tendo en conta o seu funcionamento e a súa utilidade, a tradución correcta debera ser Banco de preguntas tanto para o idioma galego como para o idioma castelán.

O banco de preguntas funciona como unha base de datos de preguntas de diversos tipos, organizadas en diferentes categorías e subcategorías que permiten a súa clasificación así como un acceso rápido a calquera das preguntas permitindo dun xeito sinxelo a súa edición e previsualización.

Última modificación: xoves, 24 de outubro de 2024, 3:37 PM