Exemplo Práctica 4. Personaliza os bloques do curso que creaches
Requisitos do completado
Nesta tarefa buscaremos acadar os seguintes obxectivos:
- Modificar o aspecto do curso engadindo novos bloques de funcionalidades.
- Aprender a engadir e crear distintos tipos de bloques.
Pasos para realizar a tarefa:
- Accede ao espazo de prácticas.
- Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para o teu usuario profesor.
- Preme sobre o nome do teu curso, o que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
- Activa o modo edición.
- Usando o bloque Engadir un bloque que aparece ao final (no fondo) da columna esquerda de bloques, debes engadir os seguintes 3 bloques ao teu curso:
- Engadir o bloque Actividades e Usuarios conectados na columna dereita de bloques do curso.
- Engadir o bloque Ficheiros privados do usuario na columna esquerda de bloques do curso.
NOTA: Para poder desprazar os bloques á esquerda ou á dereita pode pulsarse sobre a roda dentada que aparece na esquina superior dereita de cada bloque, cando está activado o "Modo de edición". Dende aí accederase á configuración do bloque e seleccionarase a "Área predeterminada" adecuada: esquerda ou dereita. Tamén se pode usar a icona [
] Mover, que aparece na esquina superior dereita de cada bloque engadido, co "Modo de edición"activado.