Saltar navegación

Xestionar carpetas de mensaxes

Operacións sobre as carpetas

Tanto os correos recibidos coma os enviados pódense organizar en carpetas. Para iso, unha vez creadas as carpetas basta arrastrar a mensaxe á carpeta onde se desexen arquivar.

Carpeta nova

Esta opción permite crear unha carpeta nova.

Amosar todas as carpetas

Esta opción permite amosar todas as carpetas da caixa de correo a pesar de que non exista unha subscrición á mesma. Despois de pulsar esta opción é cando o usuario pode subscribirse a carpetas que non estiveran visibles pola falta de subscrición ás mesmas.

Expandir todas

Esta opción permite expandir a árbore de carpetas e visualizar todas as subcarpetas.

Contraer todo

Esta opción permite visualizar unicamente as carpetas do nivel superior, ocultando todas as subcarpetas.

Rexenerar o listado de carpetas

Esta opción permite actualizar o listado de carpetas no caso de que se realizaran cambios no mesmo desde outro cliente de correo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)