Saltar navegación

Cambio do contrasinal

Novo contrasinal

Cada tres meses é preciso cambiar o contrasinal da nosa conta de correo. Para realizalo podemos seguir estes pasos:

Cambio do contrasinal se lembra o actual

Explicación do procedemento a seguir no caso de que queiramos cambiar o contrasinal da nosa conta corporativa, cando lembramos o contrasinal actual (o caso máis habitual).

Cambiar contrasinal utilizando PIN

Procedemento a seguir no caso de que queiramos cambiar o contrasinal da nosa conta corporativa pero non lembramos o contrasinal antigo. Neste videotitorial explícase como podemos facelo utilizando un PIN.

Activación da conta corporativa

A aplicación de xestión de contas de usuario permítenos activar a nosa conta corporativa utilizando un PIN e unha conta de correo alternativa de contacto. No seguinte videotitorial explícase o procedemento a seguir.

Erros na xestión do contrasinal

No procedemento de cambio de contrasinal poden presentarse diversos erros. No seguinte videotitorial explícanse os erros máis comúns que poden aparecer, as causas e a maneira de solucionalos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)