Saltar navegación

Resposta de mensaxes

Responder

Para responder unha mensaxe de correo electrónico o usuario debe seleccionala previamente. Unha vez seleccionada, premendo no despregable aparecen dúas opcións:

Responder ao remitente

Respóndese ao remitente da mensaxe.

Responder a todos

Respóndese ao remitente e a todos os destinatarios da mensaxe recibida. Cando se reenvíen correos electrónicos que foron dirixidos a varios destinatarios inicialmente, é recomendable valorar se é preciso incluír as direccións dos destinatarios da mensaxe orixinal na mensaxe redirixida, borrando se é necesario esta información do corpo da mensaxe reenviada.

Unha vez elixida unha das opcións abrirase a xanela de Redactar de xeito automático na que os campos "De: ", "Para: " e "Asunto: Re: " xa estarán cubertos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)