Reenviar
Ao igual que para responder, para reenviar hai que ter seleccionada unha mensaxe de correo electrónico. Unha vez seleccionada, temos varias opcións:
Coma Documento Adxunto
Reenviarase a mensaxe enteira como tal, incluíndo as cabeceiras de mensaxe e os posibles ficheiros adxuntos. (Ollo! Cando se preme directamente en Reenviar NON se incorporan os ficheiros adxuntos da mensaxe orixinal).
No corpo do texto
Reenviarase unicamente o texto da mensaxe orixinal, suprimindo os adxuntos.
Documento adxunto e Texto
Reenviarase a mensaxe como adxunto, e ademais, incluirase o texto da mensaxe orixinal no corpo da nova mensaxe.
Editar como Novo
Envía a mensaxe como se fose orixinal, sen incluír cabeceiras de reenvío.
Redirixir
Ponse o enderezo ao que se quere enviar e reenvíase a mensaxe.