Saltar navegación

Virus Ransomware

Medidas de prevención

Un virus Ransomware é un virus que produce o cifrado dos arquivos almacenados no equipo dos usuarios infectados, polo que estes quedan inaccesibles para o seu uso. Dado que a fonte habitual de contaxio é a través de correos electrónicos con arquivos infectados débense seguir de xeito rigoroso as recomendacións xa citadas. Ademais, pare evitar que un virus se propague ao su equipo debe adoptar tamén as seguintes medidas:

Ter actualizado o sistema operativo do ordenador: Windows, Linux ou MacOS. Para este fin é recomendable ter activada a descarga e instalación automática das actualizacións. Se dito servizo non se atopa configurado deste xeito no seu equipo, ademais de activalo, debe proceder a descargar as actualizacións pendentes.

Os sistemas de protección corporativos da Xunta de Galicia evitan que reciba a gran maioría dos correos falsos. É importante que desde os postos de traballo da Xunta de Galicia so acceda ao correo corporativo da mesma (@edu.xunta.gal, @edu.xunta.es). Deste modo minimízase significativamente o problema.

Cómpre recordar que non se debe gardar información relevante no almacenamento local do posto de usuario, xa que non se fan copias de seguridade desa información. A información relevante debe gardarse sempre nas carpetas dispoñibles nos servidores de ficheiros corporativos ou facendo copias de seguridade periódicas en medios extraíbles.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)