Spam
Como nos casos anteriores esta opción actívase cando hai unha mensaxe seleccionada. Unha vez feito isto, ao premer sobre o botón Spam, reportarase dita mensaxe como correo non desexado e moverase a mensaxe a carpeta Spam.
Na carpeta Spam podemos atopar tanto as mensaxes que nos marcamos como Spam como as que son marcadas deste xeito automático polo servidor de correo. Para acceder a elas podemos premer en Spam:
As mensaxes marcadas como Spam poden ser recuperadas premendo nelas e arrastrándoas á carpeta Entrada.