Outro
Este menú encóntrase dispoñible aínda que non se teña seleccionada unha mensaxe. Non obstante, neste caso o conxunto de opcións é mais reducido.
Ocultar vista previa
Ocúltase o panel de vista previa da aplicación.
Disposición vertical
Amósase o panel de vista previa á dereita da pantalla.
Sinale coma...
- Lido: Márcanse como lidas todas as mensaxes de correo electrónico que estean seleccionadas na Bandexa de Entrada. Para marcalas como non lidas hai que desmarcar a opción.
- Marcado para seguimento: Márcanse todas aquelas mensaxes que se encontren seleccionadas. A marca consiste nunha bandeira. Para quitar a marca hai que desmarcar a opción.
Lista negra
Permite introducir os enderezos de correo electrónico dos remitentes na lista negra de enderezos, dos cales non se desexa recibir correo electrónico por consideralos correo lixo, ou por calquera outro motivo.
Lista branca
Permite introducir os enderezos de correo electrónico dos remitentes na lista branca de enderezos, dos cales se quere recibir correo electrónico, a pesar de que o sistema nos filtros previos que realiza poida cualificalos como correo lixo.