Saltar navegación

Organización de carpetas

Operacións sobre unha carpeta

Cando se preme enriba dunha carpeta co botón dereito do rato aparece un menú con varias accións a realizar sobre a mesma:

Crear subcarpetas

Esta acción permite crear unha carpeta dentro doutra carpeta. Para creala prememos no botón dereito do rato sobre a carpeta na que a queiramos crear. Unha subcarpeta pódese cambiar de carpeta nai, para iso basta premer nela e arrastrala á outra carpeta na que queiramos arquivala.

Renomear

Esta opción permite cambiar o nome da carpeta. Hai que ter en conta que as carpetas de Bandexa de Entrada, Enviados, Borradores, Spam e Papeleira non admiten esta opción.

Baleirar

Esta opción permite eliminar todos as mensaxes da carpeta elixida.

Eliminar

Esta opción elimina a carpeta seleccionada.

Sinale todo coma

Esta opción permite sinalar todas as mensaxes da carpeta como lidas ou como non lidas.

Cancelar subscrición

Esta opción permite cancelar a subscrición a unha carpeta . Isto quere dicir que dita carpeta deixará de aparecer no listado de carpetas visibles da caixa de correo no menú lateral no momento que se volva a cargar.

Buscar

Esta opción permite realizar unha busca dentro da carpeta seleccionada.

Exportar

Esta opción permite gardar no equipo as mensaxes que existen na carpeta seleccionada da caixa de correo. Esta descarga pode ser en formato comprimido (arquivo .zip) ou non.

Importar

Esta opción permite cargar mensaxes que se encontren no equipo nun formato permitido, neste caso arquivos .mbox.

Editar permisos

Esta opción traslada ao usuario á xanela de compartir carpetas, na que pode dar permisos a outros usuarios do sistema para ver as mensaxes que están dentro da carpeta seleccionada.



Creado con eXeLearning (Ventana nueva)