Entrada
Na Bandexa de entrada poderemos atopar todas as mensaxes novas recibidas; así como visualizar, enviar, buscar e clasificar e ordenar en carpetas as mensaxes de correo electrónico que recibamos ou enviemos como usuarios.
Cando a bandexa de entrada está preto do límite da súa capacidade (quota) recibiremos unha mensaxe de xeito automático para que baleiremos a bandexa de Entrada. No caso de chegar ao límite da capacidade e non eliminar mensaxes non poderemos recibir máis correos electrónicos.