Saltar navegación

Por onde comezamos?

Fernando Trujillo, coordinador do Grupo iCOBAE recomenda comezar a programar desde a experiencia real previa coas competencias. Centrariámonos entón na idea de “tarefa” entendida como unha secuencia integral de actividades que permiten traballar e avaliar as competencias clave. Se o centro educativo é quen de establecer mecanismos de comunicación e traballo para consensuar unha programación dialogada, do xeito que vimos no módulo 2, o traballo será coherente e o camiño estará máis claro para todas as persoas integrantes da comunidade educativa.

Podemos comezar por consensuar o termo tarefa (máis próxima á idea de proxecto no ámbito competencial) para que non se confunda con actividade ou exercicio. O seguinte paso é ofrecer orientacións para a creación de tarefas propias, partindo dos criterios de avaliación e integrando o que xa se fai nas aulas. Paralelamente, facilitamos modelos de tarefas xa creadas, que sirvan de orientación (para máis información, podes visitar as seguintes ligazóns: deseño de tarefas integradas ou o traballo por tarefas).

Frecha