DUA
O Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) ten como obxectivo a superación de todo tipo de barreiras no contexto educativo, mediante a creación de contidos universais, que incorporan diferentes formas de presentación dos temas a través do uso de metodoloxías variadas. O DUA trata de responder a distintas motivacións e estilos de aprendizaxe, co fin de incidir na personalización do proceso de ensino-aprendizaxe (que non individualización). Por exemplo, poderiamos crear varios perfís de familias/alumnado (especialmente en primaria) e facer as adaptacións pertinentes para cada un deses perfís.
En definitiva, na planificación e deseño é preciso tentar anticiparse ás posibles barreiras que poidan xurdir, entendendo que estas se atopan no modo de ensinar e no contexto, non no alumnado. Sempre cumprirán melloras e adaptacións, tanto durante como despois do proceso, pero anticiparnos no deseño axilizará o noso traballo e proverá unha experiencia de aprendizaxe máis inclusiva. Neste curso exploraremos brevemente só dous aspectos, pero podes premer aquí para descargar a Guía para o DUA.
Por último, no caso de ter que realizar a actividade educativa a distancia, son pertinentes as indicacións do informe de Save the Children, que nos recordan que o alumnado que se enfrenta a barreiras de aprendizaxe pode atopar aínda maiores dificultades en seguir a actividade educativa mediante plataformas dixitais. Para eles/as, as institucións recomendan asegurar a accesibilidade a recursos educativos adaptados, soporte na Rede personalizado, realizar clases de reforzo en pequenos grupos e titorías, ou establecer canles estables de comunicación entre profesorado e familias.
Fomentamos a autorregulación
É importante incorporar a metacognición e as estratexias de autorregulación. Xa exploramos a base teórica no módulo 2. Sé creativo/a e incorpora maneiras de lle outorgar control ao alumnado sobre o proceso de aprendizaxe. Algúns centros educativos empregan follas de ruta ao inicio e/ou á fin dunha secuencia didáctica para guiar o traballo do alumnado e lograr que sexan conscientes do punto no que se atopa a progresión da súa aprendizaxe, sen perder de vista o obxectivo final. Neste mesmo curso atopas follas de ruta ao inicio de cada módulo. Tamén podes ver un exemplo creado por Paula Gomez Cernadas, profesora da EOI de Pontevedra aquí.
Aínda que afondarás un pouco máis ao longo deste módulo no tema da avaliación, facemos un breve apuntamento aquí para salientar que o feedback é sempre fundamental (Wiliam, 2009), e moito máis na distancia. O alumnado precisa un referente, ben un/ha profesor/a, ben un/ha experto/a, ben outro/a compañeiro/a. Consulta estas ideas sobre como combinar retroalimentación oral e escrita e lembra que cando vai acompañada dunha nota numérica, esta perde parte da súa efectividade (Butler, 1988), pois o alumnado tende a prestarlle menos atención (para máis información a este respecto, podes ler este artigo).Provemos oportunidades para o traballo en grupo
Dado que un dos factores de éxito é o fomento do traballo colaborativo entre pares, pode ser interesante incorporar algunhas ideas dos modelos de aprendizaxe semipresencial no noso deseño para organizarmos o traballo do alumnado:
- Unha posibilidade é que o alumnado rote en estacións de aprendizaxe. Divididos en grupos, os/as estudantes comezan con instrución do/a profesor/a (por medio dunha clase presencial, a través do visionado dun vídeo gravado previamente ou dunha sesión de videoconferencia). A continuación, móvense a estacións de actividades colaborativas (proxectos ou tarefas con compañeiros/as), que nun espazo virtual poderían levarse a cabo en diferentes salas de videoconferencia, a través de agrupamentos con actividades distintas en Moodle ou documentos compartidos, volvendo despois traballar individualmente (en ordenadores ou con dispositivos móbiles).
- Outra posibilidade é estruturar a dinámica educativa ao redor dun espazo de aprendizaxe central, onde o alumnado dispón dunha especie de despachiño individual cun ordenador. Arredor dese espazo, hai outros concibidos para o traballo grupal. A diferenza do modelo anterior, non teñen un tempo asignado para cada unha das actividades, é como se fixesen unha lista de reprodución da súa aprendizaxe, adaptándoa ao que queren/necesitan.
Trasladando esta idea a un espazo virtual, o/a docente pode facilitar unha folla de ruta ou fases que hai que seguir cos obxectivos de cada unha delas e logo cada estudante adáptaa ás súas necesidades e tempos. Dado que é a opción máis personalizable, requiriría bastante apoio e guía do/a docente para axudar a desenvolver estratexias de autorregulación.
Podes visualizar este vídeo cunha proposta de Oriol Borras para o traballo grupal en espazos dixitais ou botar unha ollada a este artigo con 7 estratexias para aumentar a participación do alumnado nas videoconferencias, así como consultar o seguinte catálogo de actividades colaborativas para traballar a competencia lingüística.- María Barceló Martínez:
- Web
- #Hoyvienealcole [Cfr. (20/05/2020) Webinar María Barceló: “Hoy viene a clase…” (apuntamentos visuais)]
- Coral Elizondo:
- María Eugenia Pérez:
- Entrevista
- Libro: Aulas inclusivas. Experiencias Prácticas
- Blog: Mavensol
- DUATiza
- María Barceló Martínez:
- Web
- #Hoyvienealcole [Cfr. (20/05/2020) Webinar María Barceló: “Hoy viene a clase…” (apuntamentos visuais)]
- Coral Elizondo:
- María Eugenia Pérez:
- Entrevista
- Libro: Aulas inclusivas. Experiencias Prácticas
- Blog: Mavensol
- DUATiza