Saltar navegación

Deseñamos unha secuencia didáctica flexible

Cómpre de novo insistir (como xa fixemos ao principio deste módulo) en que a pedagoxía e o seu impacto na aprendizaxe debería ser sempre o padrón que guía o noso trazado de deseño. Por exemplo, dar retroalimentación vai ser un elemento esencial, para asegurármonos de estar provendo unha experiencia de aprendizaxe e non un simple compendio de contidos e actividades.

De seguido provemos algunhas suxestións de deseño flexible e adaptable en función do contexto. En todo caso, e sexa cal sexa a modalidade, a experiencia de aprendizaxe debe seguir os parámetros do Deseño Universal da Aprendizaxe, dentro do obxectivo que indica Philippe Meirieu: “non só hai que lles «dar máis aos que teñen menos», senón «dar mellor»: (...) situacións máis ricas e estimulantes, grupos de traballo dun tamaño que permita a mellor realización posible das actividades propostas, profesores/as acompañados/as dun alto nivel de formación continua e capaces de ofrecer coñecementos mobilizadores.” 

A táboa non pretende ser un compendio exhaustivo, senón máis ben unha proposta para andamiar as nosas accións e fomentar o debate a nivel de centro educativo. Cumprirá valorar que modo de aprendizaxe se axusta mellor á idade do alumnado, á materia e ao contexto específico de cada centro educativo, así como a modalidade máis factible, dadas as circunstancias do momento.

Clase Clase con distanciamento social A distancia (na Rede) A distancia (offline)

Compartir información (PDI ou encerado)

Compartir información asegurándose da separación entre pupitres.

Pode ser necesario repetir a información en pequenos grupos.

Compartir información nunha aula virtual, blog ou similar. 

Gravación do/a docente explicando no encerado ou ben gravación con voice-over.

Compartir material impreso co alumnado. 

Haberá que considerar como llo facer chegar.

Debate de clase ou conversas breves en grupos pequenos

Debates en tempo real garantindo a distancia social.

Será necesario incrementar o volume, polo cal cumprirá establecer unhas normas previas.

Debate sincrónico ou asincrónico nun espazo virtual.

Pode ser escrito (nun foro, por exemplo) ou oral (gravándose cunha aplicación coma Vocaroo).

Debate con diferentes membros da familia.

Cumprirá ver se esta é unha opción viable para todo o alumnado e asegurarse de se é unha opción inclusiva.

Colaboración en grupos pequenos organizados por mesas

Colaboración en grupos pequenos.

Será necesario manter a distancia social e asegurar que non se comparte material.

Colaboración a través da aula virtual e/ou aplicacións complementarias.

Cumprirá organizar os agrupamentos e establecer expectativas claras dos obxectivos e dos procesos de traballo.

Colaboración con diferentes membros da familia.

Cumprirá ver se esta é unha opción viable para todo o alumnado e asegurarse de se é unha opción inclusiva.


Creación empregando material dispoñible na aula (pegamento, cartolina, etc)

Creación empregando material dispoñible na aula.

Será necesario manter a distancia social e asegurar que non se comparte material.

Creación empregando unha aplicación ou ferramenta na Rede para crear:

  • presentacións
  • vídeos
  • infografías
  • storyboards
  • pósters

Cumprirá valorar se requiren rexistro e analizar as condicións de privacidade e seguridade.

Creación usando material dispoñible na casa ou facilitado pola escola. 

Será necesario valorar que material terán dispoñible e se é posible para o alumnado manipulalo de forma autónoma ou non.

Explicacións directas do/a docente

Explicación directa de conceptos asegurándose da separación entre pupitres.

Pode ser necesario repetir a información en pequenos grupos.

Explicación en vídeo/audio ben do/a propio/a docente ou de fontes externas. 

O alumnado pode traballalo ao seu propio ritmo.

Permítelle ao profesorado compartir entre varias clases e centros educativos.

As explicacións van escritas ou en vídeos/audios (descargados) que se lles facilitan ás familias. Son os pais/nais/titores/as os que fan as explicacións.

Cumpriría ver como facerlles chegar o material e valorar se teñen o tempo e as estratexias para facer este traballo.

Uso de libros ou materiais compartidos

Uso de libros ou materiais. 

Cumpriría ver se se pode facer un uso seguro sen compartir, ben establecendo quendas, ben escaneando parte dos contidos e proxectándoos, etc.

Uso dun recurso na Rede ou multimedia dun banco de REA ou creado polo profesorado.

Uso de libros ou materiais na casa.

Faría falta ver se se lles poden facer chegar e garantir a equidade de acceso.

Reunirse, compartir e debater: feedback oral

Reunirse, compartir e debater: feedback oral. Pode ser sobre traballo realizado na aula ou na casa. 

Hai que facelo en pequenos grupos mantendo a distancia social, pero prové unha oportunidade de ter conversas de calidade.

Feedback oral con gravacións de audio/vídeo do docente sobre un traballo entregado.

Feedback oral de pais/nais/titores/as.

Cumpriría ver se teñen o tempo e as estratexias para facer este traballo.

Autoavaliación do traballo

Autoavaliación do traballo.

Cumprirá valorar se poden facer esta tarefa na casa ou se este constitúe o mellor uso do tempo de clase (limitado).

Autoavaliación en espazos virtuais facendo unha reflexión, empregando unha rúbrica ou analizando o cumprimento dunha folla de ruta.

Autoavaliación offline usando unha batería de criterios (recollidos nunha rúbrica, por exemplo). 

Cumpriría considerar como facerllo chegar ao/á docente e devolverllo de novo ao alumnado para completar o círculo de retroalimentación.

Coavaliación do traballo

Coavaliación do traballo.

Dadas as medidas de distanciamento e manexo de material compartido, cumprirá establecer tempos e normas.

Uso do espazo virtual para a coavaliación.

Necesita dun apoio e preparación previos para que o feedback que dean sexa significativo e precisa de acompañamento e monitorización.

Facer esta tarefa offline constitúe un reto e é difícil artellalo de forma significativa nun tempo razoable.

Construír comunidade, facer grupo

Construír comunidade e facer grupo respectando as normas de distanciamento social.

Cumprirá manter o equilibrio entre o sentido de comunidade e o respecto ao benestar de cada un/unha dos/as alumnos/as.

  • Debates na Rede
  • Presenza do profesorado e do centro na Rede
  • Traballos en grupo
  • Concursos
  • Asembleas
  • Webinarios

Oportunidades para traballar individualmente para un obxectivo grupal. 

Cumpriría unha comunicación clara ás familias sobre como está traballando o centro educativo e o que se pretende.

Motivar o alumnado

Oportunidades de contacto nun ambiente seguro e de apoio, provendo feedback e facilitando o diálogo arredor da aprendizaxe.

Oportunidades de contacto nun ambiente virtual seguro, provendo feedback e facilitando o diálogo arredor da aprendizaxe.

Comunicación regular co alumnado e/ou familias.

Cumpriría valorar a dispoñibilidade e a vontade das familias.