De non ter dispoñibles as lentes de eclipse, cómpre empregar un instrumento de observación indirecta onde vas proxectar a luz procedente do Sol. Para unha observación cun ángulo tan baixo (apenas 11 graos sobre o horizonte), os métodos de observación indirecta tradicionais teñen dous grandes inimigos: a necesidade de espazo e a aliñación.
Se o Sol está case "rozando" o chan, moitos proxectores de caixa longa non funcionarán ben. A famosa caixa de zapatos ou de cereais (onde miras por un buraco e o sol entra por outro) será moi incómoda en 2026. Ao estar o Sol preto do horizonte, terías que poñer a caixa case pegada ao chan e torcer o pescozo de forma antinatural para ver o fondo.
Deste xeito unha das mellores ideas é construir o teu propio instrumento de observación indirecta nos Polos creativos e probalo con anterioridade a través dun modelo físico a escala. Podes valerte de ferramentas dixitais como GeoGebra para a súa modelización previa.