Atopar solucións creativas
Polos eclipsados
O reto é chegar a ese ansiado Día E completamente preparada/o para realizar unha observación segura da eclipse. Vai ser un día moi especial para toda a poboación porque o acontecemento astronómico é único e pode contemplarse a simple vista.
Queres ser a/o noso guía da eclipse?
Neste reto, propóñense os seguintes pasos:
- Antes de proceder coas misións específicas, utiliza a información deste recurso, poñendo especial atención nas recomendacións sobre saúde ocular, para resolver o cuestionario do apartado 2.8
- Misión 1: Unha vez revisada a documentación específica desta misión na Aula Virtual, "A eclipse na túa man", imprime o teu modelo de eclipse tridimensional.

- Misión 2. Escolle entre estas dúas opcións:
-
- Emprega a dotación do Polo creativo do teu centro para crear os instrumentos de observación indirecta axeitados.
-
- Utiliza unha das actividades optativas facilitadas na Aula Virtual de Polos creativos para replicala no teu centro. Por exemplo, o prototipo de "O Ceo na túa man".
Unha vez teñas superadas as dúas misións propostas, conseguirás o teu certificado astronómico, que te habilitará como guía oficial do Día E.

Podes descargar o PDF co deseño do certificado astronómico para guías oficiais da eclipse na ligazón facilitada.