A eclipse de 2026 é moi especial porque a "franxa de totalidade" cruza a Península ibérica, dende o noroeste ao leste. Nesta franxa, podemos observar dúas zonas ben definidas, as zonas de umbra e de penumbra.
A umbra prodúcese cando queda bloqueada a totalidade da luz do Sol, sendo unha zona de sombra absoluta sobre a Terra e penumbra cando queda ocultada unha parte do disco solar. Debido a estas diferentes zonas, na Coruña poderá realizarse unha observación completa mentras que en Cádiz, por exemplo, só verán unha eclipse parcial.
Galicia será unha das zonas privilexiadas do mundo para gozar desta eclipse, xa que a umbra (a sombra total) entrará na Península polo noroeste galego sendo un lugar excepcional para presenciala.
Os datos técnicos para nosa comunidade son:
• Inicio da eclipse parcial: 19:30 horas.
• Inicio da totalidade: 20:26 horas (dependendo da localidade exacta).
• Duración da totalidade: Ao redor dun minuto e 40 segundos (un pouco máis, canto máis ao norte, como en Estaca de Bares ou A Coruña). Noutros puntos pode ser dunha duración menor, aproximadamente un minuto escaso.
• Solpor: O Sol porase moi pouco despois de terminar a totalidade (sobre as 21:10h), polo que se porá o ceo escuro con moita celeridade.
Lembra que podes acceder ao recurso de visualización do IGN para obter datos precisos nas coordenadas exactas onde teñas pensado emprazarte o Día E.