Texto
O que converte unha eclipse nunha experiencia inesquecible non é unicamente que o Sol se tape, pois ao redor sempre acontecen, en consecuencia, moitos fenómenos interesantes:
• A coroa solar: a única oportunidade de ver a atmosfera exterior do Sol a simple vista.
• Efectos atmosféricos: a baixada evidente da temperatura (de 3°C a 5°C) e as mudanzas nos ventos.
• As Perlas de Baily: Eses puntiños brillantes de luz que se filtran polos vales lunares xusto antes da eclipse total.
• Comportamento animal: a desorientación que poden experimentar moitos animais durante unha eclipse pode ser moi forte. En función da tipoloxía animal, podemos observar mudanzas nos seus comportamentos e cabe a posibilidade de que eses intres de “noite prematura” conviden algúns animais nocturnos a saíren das súas goridas.