Nestes episodios únicos que xeran moita expectación, debemos lembrar a importancia de manter o pensamento crítico e desmentir bulos ou ideas erróneas. Por exemplo:
❌ Lentes de sol superpostas.
❌ Radiografías ou negativos fotográficos.
❌ Cristais afumados maualmente.
❌ CDs ou DVDs.
❌ Filtros de soldador (só son seguros os do grao 14 ou superior). Non valen os que podes mercar nun almacén ou tenda de materiais de construción.
❌ Mirar a través de cámaras ou móbiles coas lentes superpostas (podes queimar o sensor do teléfono e os teus ollos tamén).
Na aula, podes probar o test do detector con antelación á observación. Podes pedir ao alumnado que traian diferentes materiais:
- Un anaco de bolsa de lixo negro
- Un CD ou DVD
- Unhas lentes de sol baratas
e que tenten ver unha lanterna potente a través deles comparándoos coa lente de eclipse certificada. Verán que só a lente de eclipse bloquea a luz de forma total.