Saltar navegación

5.3 Experiencias en Educación Secundaria

O papel do profesorado na relación entre lectura e contornas dixitais non se reduce a ensinar a ler en pantallas, senón que consiste en promover unha actitude reflexiva, ética e creativa ante os textos. Este labor é esencial para que as alumnas e os alumnos se convertan en persoas lectoras informadas, capaces de utilizar a tecnoloxía de maneira consciente e transformadora.

Moitas persoas docentes xa desenvolven propostas que integran lectura e medios dixitais. Entre elas destacan iniciativas nas que o alumnado crea perfís en Instagram para compartir reseñas, reflexionar sobre libros, debater temas literarios e aprender a interactuar con respecto nas redes, como Desafío Lector: @Exploradoresdelectura ou El Booktuber, realizado nun centro de Málaga.

Outra experiencia é Reseña tu lectura, que emprega a lectura como punto de partida para fomentar o pensamento crítico e fortalecer as competencias lingüísticas mediante o uso de tecnoloxías. O alumnado elabora reseñas que se publican en prensa dixital, se difunden en emisoras de radio locais e se comparten en redes sociais e espazos da comunidade, convertendo a lectura nunha práctica con impacto social. A proposta pode consultarse en: https://intef.es/experiencias_edu/resena-tu-lectura/

Feito con eXeLearning (Nova xanela)