A AMI en Educación Secundaria require un enfoque transversal entre materias e metodoloxías activas que convertan ao alumnado no protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe. O traballo cooperativo, a reflexión compartida e o diálogo son elementos fundamentais para desenvolver habilidades de análise, comprensión e produción de mensaxes.
Entre as metodoloxías axeitadas para este tipo de alfabetización destacan:
- Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP): É unha metodoloxía que implica o alumnado na resolución de problemas reais vinculados aos medios de comunicación. Favorece a lectura crítica e o cuestionamento de estereotipos mediante investigación e análise, podendo culminar na creación de produtos mediáticos.
- Design Thinking: Trátase dun enfoque creativo e cooperativo que promove a innovación mediante a empatía e a procura de solucións aos retos mediáticos actuais. Permite comprender necesidades reais e crear prototipos mediáticos.
- Aprendizaxe Servizo: Combina aprendizaxe curricular e servizo á comunidade. O alumnado aborda necesidades reais do contorno e elabora accións con impacto social, aprendendo sobre comunicación e responsabilidade social.
- Aprendizaxe Baseada en Proxectos: Implica investigar e crear arredor de desafíos relevantes ligados aos medios. O alumnado desenvolve un produto mediático e reflexiona sobre o proceso e a lectura mediática.