As actividades propostas buscan fomentar a lectura e a AMI en Educación Secundaria mediante aprendizaxes significativas, conectadas coa realidade do alumnado e orientadas á reflexión crítica, a creatividade, o traballo cooperativo e o uso responsable da tecnoloxía. Pretenden favorecer tanto a lectura dixital coma a produción de textos propios dos medios actuais. Todas poden adaptarse ao contexto do centro e ás características do grupo.
Preséntanse tres exemplos:
- Proxecto "A Celestina" transmedia: o alumnado le e analiza La Celestina e relaciónaa co presente. A partir de diferentes medios dixitais, amplía a historia seleccionando personaxes ou fragmentos que desexa desenvolver. Finalmente, comparte os relatos creados e interacciona cos do resto do alumnado.
- Obradoiro "A verdade está aí fora": o estudantado analiza noticias de medios non oficiais, especialmente redes sociais, para determinar a súa veracidade. Realiza buscas guiadas para verificar e contrastar información e reelabora as noticias de forma veraz e obxectiva.
- Creación dun videoblog de aula: o alumnado grava episodios nos que reflexiona sobre temas de actualidade axeitados á súa idade. Emprega aplicacións de gravación e edición e comparte os vídeos con outras clases ou coas familias para fomentar a participación.