CALENDARIO DAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS DE MATERIAS DE CONTINUIDADE 2º BACHARELATO

Estimadas familias:
Informamos que o vindeiro luns 13 de xullo publicarase no taboleiro da secretaría do centro a listaxe provisional de alumnado beneficiario das axudas reguladas pola "ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)".
O luns 27 de xullo serán publicadas as listaxes definitivas.
A entrega de libros e dos vales de material será realizada na primeira semana do curso 2026/27 ao propio alumnado.
Reciban un agarimoso saúdo.
O equipo directivo.
No BOE do pasado 8 de maio, publicouse a convocatoria de Becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o curso 2026-2027.
O prazo de presentación das solicitudes abrangue desde o 19 de maio ata o 10 de setembro.
A solicitude deberá facerse telemáticamente a través da Sede Electrónica do Ministerio de educación, na seguinte ligazón:
https://sede.educacion.gob.es/portada.html
Poden atopar máis información na páxima web do ministerio:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Achegamos o cronograma para o alumnado de ESO. Poden consultar a normativa sobre reclamacións na seguinte ligazón:
Instrucións reclamacións finais
