Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A cociña é arte?

A cociña é arte?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 11
Esta é a pregunta que fixen fai uns días en clase de Filosofía, e xa que é bastante complexa e nunha clase non temos moito tempo para debatilo xa que hai que rematar o temario, propoño facelo por aquí, que a xente aporte opinións ao respecto sempre que quera.

A cociña en sí non é arte para min. "A de sempre", aquela que está pensada para alimentarnos, "saciarnos" ou proporcionarnos pracer para o paladar non se podería chamar arte, xa que non é bonita por así dicilo nin soe producir unha satisfacción visual, nin nela se expresan emocións. Agora ben, se falamos da cociña actual, da de deseño? Poderíamos falar de arte ou ata de ciencia? Nesta se empregan moitos métodos utilizados por científicos para facer experimentos, e non soe ser comida cargada nin feita para fartarse dela, entra máis ben polos ollos, ademais é máis observada pola xente, e xa que no arte se fala de que "involucra tanto as persoas que o practican como a quen o observa" podería considerarse como algo artítistico, visual... A comida que comes tódolos días, con présa para chegar a clase, ao traballo... non soe estar elaborada en máis de dúas-tres horas, e as persoas que a comen non se quedan observando a textura desta nin as cores nin nada, por iso non é observada seguindo a definición.

Non sei se a miña explicación foi moi concreta, ao final fíxeme un pouco un lío, pero a cuestión é: A cociña é arte? Se así é, desde cando, só a cociña actual é arte?

Por certo, se entrades nesta páxina: http://www.cocinayciencia.com/ e pinchades no apartado "Ciencia" podedes ver algúns dos "ingredientes" utilizados na cociña dos últimos anos.

Tamén os recomendo este vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=4hZQxOeE8vw Fixádevos na descripción do mesmo (ademais do contido en xeral), comeza poñendo "La gastronomía es un arte que ha incorporado recientemente los dones de la ciencia." Parece que teñen moi claro que a gastronomía e un arte... eu todavía non.
Re: A cociña é arte? por Usuario eliminado -