Jacobo, se nos guiásemos pola túa última frase nada sería arte. Por exemplo, a fotografía tamén é física e química (que fan posíbles que a imaxe fique gravada nun soporte).
Eu si penso que a alta cociña é arte, unha arte efímera, pero arte. Os cadros estimulan o noso sentido da vista, a música o oído... Porqué non pode considerarse a alta cociña arte se é equivalente pero co sentido do gusto? O gusto é posiblemente o sentido menos utilizado por nós e o que menos nos axuda a sobrevivir, pero non por iso deixa de ser un sentido.
Quizáis sí que é certo que na cociña sexa máis difícil diferenciar o que é arte do que non o é.