|
MERCAars CONSTRUCTOR é unha actividade que consiste en construír un xogo, a medio camiño entre os coñecidos Monopoly e Trivial, cuxa finalidade é reflexionar sobre o concepto de arte, a súa función, e repercusións sociais, ao tempo que nos decatamos de como evoluciona a nosa consideración sobre a mesma.
Nas seguintes seccións deste curso podes atopar as instruccións e materiais necesarios para preparar a creación do xogo. Na data que se fará pública no Foro xuntarémosnos na Biblioteca e daremos vida física a MERCAars CONSTRUCTOR.
Por suposto que todas as ideas, imaxes ligazóns etc que podas aportar estaremos felices de recibilas por medio do Foro (que todos podemos ver) ou a través de Suxestións (que son recibidas só polo profesorado do curso). Cantos máis materiais teñamos máis divertida e fructífera será a actividade.
|