Subscribo practicamente todos os comentarios que fixestes á suxestiva entrada de Jaime. Certamente a consideración do que é arte varía dunhas épocas a outras. Na Grecia clásica ninguén entendería a pintura como arte e agora vós, facéndovos eco da tendencia xeral, a situades como paradigma de todas as artes. Probablemente as creacións culinarias que cumpran certos requisitos serán ben pronto aceptadas dentro do mundo da produción artística.
Someto estas imaxes ao voso xuízo:
Obras paralelas: vestido de Yves St Lauren e cadro de Mondrian

Mosaico de crocan de framboesa e piña de Ferrán Adriá