Eu penso que a cociña é arte no momento que pasa de ser unha obrigación, unha carga, a unha acción que se fai por mero gusto, non sei moi ben se me explico. Unha acción na que a persona pode descargarse, expresarse... tal coma ocorre na pintura ou na música. Así, non creo que se deba facer unha diferenciación entre a cociña moderna, actua e a anterior, as dúas teñen o "mesmo dereito" de atoparse baixo o termo de arte sempre e cando se de o caso que espuxen.