Eu tamén estiven cavilando sobre a cociña como arte, a comida en si foi utilizada como materia prima para diversas obras artísticas, a marmelada por exemplo utilizouse para facer retratos de marilyn e diversos personaxes, obras de arte.
Polo tanto coido que as presentacións da cociña moderna, si poderían considerarse arte xa que utilizando os alimentos como materia prima fan unhas presentación alucinantes nas cales o cociñeiro pode expresarse, mais se afondamos máis no tema da cociña coma arte, como a combinacións de sabores, é compricado xa que como pode unha persoa expresarse mediante sabores? Búscase a beleza para o padal mais non estou segura se através da mestura de sabores e texturas acadese expresión de sentimentos,mais coido que pode ser posible. Xa que por exemplo, as diferentes comidas de diferentes países, danos información sofre eles sen utilizar conceptos, transmítenos coñecementos.
Para min a cociña, é arte, a búsqueda na maioría dos casos de beleza para o padal, aínda que non sempre búscase iso senon sabores curiosos, innovadores, etc, cada vez mái,s xa que os cociñeiros da alta cociña tómanse anos para investigar sobre isto.
Dende o meu punto de vista, centrándonos na cociña fóra da presentación, é unha obra de arte tanto o sabor por exemplo dunha boa sopa feita na casa coma unha que sirvan nun restaurante da alta cociña. Por que fóra da presentación, van ser similares e coa mesma finalidade de saciarnos dunha maneira, para nós, mellor. Xa que ben é certo que a cociña ten unha finalidade, máis principalmente é estetica referida ó padal xa que nós poderíamos comer só carne ao forno para dixerila mellor sen ningún condimento, máis botámosllo só pola nosa satisfación, para que nos produza unha sensación máis agradable.