Saint Patrick’s Day no IES Frei Martín Sarmiento
O vindeiro 17 de marzo celebraremos no centro o Saint Patrick’s Day. O Departamento de Inglés organizará diferentes actividades para achegar ao alumnado a cultura e as tradicións de Irlanda.

Welcome!
Benvidos á páxina do Departamento de Inglés do IES Frei Martín Sarmiento. Dende o noso equipo traballamos cada día para que o alumnado se achegue á lingua inglesa dunha forma práctica, comunicativa e motivadora. Sabemos que aprender un idioma é abrir unha xanela ao mundo, e por iso apostamos por un ensino dinámico, integrador e adaptado ás necesidades de cada etapa educativa.
Let’s enjoy learning together!
#SarmientoInEnglish
QUÉ FACEMOS?
Coordinamos unha sección bilingüe no 1º curso do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar, no módulo de Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.
Organizamos intercambios escolares e viaxes culturais. Participamos en actividades complementarias en inglés e celebracións relacionadas co mundo anglosaxón, como Halloween, Thanksgiving, Christmas ou Saint Patrick’s Day.
Ademais, animamos ao noso alumnado a participar en programas europeos como e-twinning e Erasmus, fomentando a autonomía lingüística e a competencia plurilingüe.
Tamén ofertamos o CUALE para preparar as certificacións oficiais de inglés e animamos ao alumnado a presentarse ás probas da Escola Oficial de Idiomas e aos exames de Cambridge. Estes últimos teñen lugar no mes de xuño en convocatoria aberta no noso centro.
ORGANIGRAMA E HORAS DE ATENCIÓN
Xefatura:
Mª Teresa Amoedo Giménez - Martes 10:10-11:00
Profesorado:
María Castellano Barreiro - Xoves 11:25-12:15
Ángela Ferrería Viéitez - Mércores 9:20-10:10
Yolanda Garrido Aguete - Mércores 10:10-11:00
Noemí Ignacio Costa - Xoves 11:25-13:05
Francisco Ramón Otero Garrido - Xoves 19:30-20:20
Se queres coñecer máis sobre as nosas actividades ou contactar connosco, podes facelo escribindo ao correo da xefa de departamento tereamoedo@edu.xunta.gal. Estaremos encantados de acompañarte nesta aventura de aprender inglés.
BANCO DE RECURSOS
O vindeiro 17 de marzo celebraremos no centro o Saint Patrick’s Day. O Departamento de Inglés organizará diferentes actividades para achegar ao alumnado a cultura e as tradicións de Irlanda.
Estamos emocionados de anunciar que o noso proxecto eTwinning Bridges Beyond Borders;xa ten logotipo e póster oficiais.
Os alumnos elaboraron as súas propostas usando Canva, demostrando moita creatividade e compromiso co proxecto.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal