O alumnado de 3º de ESO de Francés participou nunha excursión a París, organizada pola profesora Pilar Lozano, que tivo lugar entre o 20 e o 25 de marzo. Durante esta viaxe, o grupo estivo acompañado tamén polas profesoras Yolanda Garrido e Anaëlle Delaunay. Ao longo da estancia, o alumnado visitou os monumentos, museos e barrios máis emblemáticos da cidade, ademais de desfrutar dunha xornada lúdica en Disneyland París.
