Dentro do programa #InnovaTechFP, o equipo finalista do noso centro visitou en Ourense a Residencia Santa Cruz da Fundación San Rosendo, un centro de atención a persoas con discapacidade severa e parálise cerebral. Durante a visita tivemos a oportunidade de coñecer as instalacións do centro, o seu funcionamento, así como conversar coas persoas usuarias e co equipo profesional. Moitísimas grazas á directora e a todo o equipo pola acollida. Levamos moita información e motivación para seguir avanzando no desenvolvemento do noso reto!
@fundaciónsanrosendo @cifgifp_eduardobarreiros
#FPgalega #FormaciónProfesional
