O xoves 26 de marzo o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla no salón de actos do noso centro organizada a través do programa “TI ELIXES”, da Xunta de Galicia. Nesta actividade, Iris Cid García, do departamento de Proxectos de fundamar en Vigo, e Arantxa Toriza Pérez expuxeron a súa experiencia como coordinadora dos proxectos e como capitana dun barco de pesca de altura, respectivamente, para animar a calquera alumno ou alumna a escoller o que lles gustaría estudar ou traballar nun futuro con independencia do seu xénero.
